Rally de A Coruña 2017-Itinerario
Os días 10 e 11 de Febreiro celebrarase a proba coruñesa de rallye puntuable para o Campionato Galego de Rallyes. Unha proba moi esperada, xa que por diferentes motivos foi cambiada de data en varias ocasións, unha gran lista de inscritos e competición de calidade.
O rallye terá en total 360 km entre enlaces e tramos, concretamente, 70 de tramos cronometrados e 290 de enlaces. Catro tramos a doble pasada, dous pola mañá e dous pola tarde do sábado. O primeiro tramo comezará ás 9:00h. coa saída do primeiro vehículo.
- A1 8'64km. (Ver) Coirós-Aranga
- B1 9'20km. (Ver) Aranga
- A2 8'64km. Coirós-Aranga
- B2 9'20km. Aranga
- C1 9'47km. (Ver) Arteixo-Culleredo-Laracha
- D1 7'50km. (Ver) Cerceda
- C2 9'47km. Arteixo-Culleredo-Laracha
- D2 7'50km. Cerceda
Todos os tramos completos e puntos importantes neste mapa:
Powered by Wikiloc