Slalom Touro 2016-Itinerario

Despois de ser aplazado xa chega o Slalom de Touro, penúltima proba do Campionato Galego de Slalom e penúltima proba, tamén, de todo o automovilismo galego antes do Slalom Fene. A proba celebrarase este Domigo 4 de Decembro.


O horario é o seguinte, as dúas mangas serán pola tarde a partir das tres da tarde do Domingo:


A proba celebrarase aquí, ao lado da sala DONA-DANA, preto do CPI de Fonte Díaz e o percorrido será o seguinte:


A saída tomarase denede o mesmo recinto do parque pechado, xirarán á esquerda en dirección Touro (centro), completarán unha chicane (dereita, esquerda, dereita) e seguirán con outra (esquerda, dereita, esquerda, dereita) e farase un xiro de 180º para volver ata o punto de saída. Ao pasar por diante do punto de saída chegarán ata a Sala DONA-DANA onde completarán un xiro de 360º e sairán pola mesma carretera completando outra chicane (dereita, esquerda, dereita, esquerda, dereita). A continuación darán a volta e completarán de novo esta chicane para xirar á dereita diante da Sala. Outra chicane (esquerda, dereita, esquerda, dereita) e, de novo, outro xiro de 180º para volver polo mesmo sitio. Na intersección seguirán pola dereita con un xiro de 360º no cono de antes. Pasarán pola liña de saída e farán o mesmo percorrido ata o punto de saída, onde tamén estará a meta, completando así con unha volta e media o circuito.


Aquí podedes ver a clasificación actual do campionato, onde os dous primeiros posicionados levan unha diferencia de 192 puntos, tendo o primerio 1050 e o segundo 858. Sigue por detrás o terceiro clasificado do campionato con 621 puntos.


Publicacións populares