Terceira victoria de Cristian García no CERA
Cristian (Mitsubishi Lancer EVO X R4) foi o gañador da terceira proba do nacional en asfalto, o Rally Sierra Morena en Córdoba.
A segunda posición levouna Y. Pérez (Ford Fiesta R5) seguido de Pedro Burgo (Porsche 911 GT3) e en 4ª posición atopabamos aos lobos de Meira (Vallejo/Citroën DS3 R5).
Merecida terceira posición para Pedro e Marcos que conseguen facerlle fronte ao Porsche capado
1º-C. García 1:10:52.6
2º-Y. Pérez 1:11:41.6
3º-P. Burgo 1:11:57.9
4º-S. Vallejo 1:13:23.2
Na copa Suzuki Swif vence Efrén Llanera e na Dacia Sandero Rally Cup o primeiro posto para o madrileño Filip.
_________________________________________________________________________________
Esteban Vallín logra todos os scratch entre os R2, consiguindo unha magnífica victoria e situándose ao frente do Trofeo de España para Vehículos R2.
Ángel Paniceres completa un fantástico doblete para o Equipo coa segunda posición de R2 e o triunfo no Trofeo de España Junior.
Pedro Burgo está sendo un fixo no “caixón” do Campeonato de España. En tres probas disputadas o galego sempre acabou entre os tres primeiros, e mantense segundo na clasificación do Campeonato de España. O seu último podio chegou no Rally Sierra Morena, a terceira cita da temporada, na que de novo foi un dos principais protagonistas.

David Pérez brindou un gran resultado á marca de Stuttgart ao lograr o triunfo na clasificación do Campeonato de Andalucía.
_________________________________________________________________________________
O rally era liderado no shakedown polo portugués Carlos Vieira e mais Sergio Vallejo, sendos Citroën DS3 R5. Mais Carlos Vieira sufría este accidente e quedaba fora de competición:
Por outro lado, tamén se producía o abandono de Alberto Morrani pola rotura da caixa de cambios no seu Mitsubishi Lancer EVO X R4 do equipo Repsol.
Comentarios
Publicar un comentario