52º Rallye Recalvi Rías Baixas 2018-Información


Por fin chega unha moi esperada 52ª edición do Rally Rías Baixas, que este ano será puntuable para o CGR (Campionato Galego de Rallies). Nesta edición abriuse prazo de inscrición e en só dous días xa se completaban os 150 pre-inscritos. Haberá un total de 4 vehículos de categoría R5 e bastantes N5 como o Fiesta de Tino, o Fiesta de Jorge Pérez Alonso, o Clio de Manuel Fernández, o DS3 de Diego Pérez. Tamén atopamos a Jorge Pérez (que habitualmente corre cun Clio R3) inscrito cun Fiesta N5, o propio piloto dicía que a inscrición estaba mal e que sairá co Clio. Entre os R5 sairán os habituais do campionato: Víctor Senra, Iago Caamaño e Ricardo Costa; a estes tres súmaselle a participación de David González (recoñecido piloto do Sköda Fabia S2000) que nesta ocasión tomará a saída nun Fiesta R5.
Ademáis tamén participarán na proba Emilio Vázquez co ZX KitCar, Luis Penido, co Mini que utilizou en Coruña; e moitos máis:

-Lista de inscritos(PDF) [ACTUALIZADA]

A proba complétase con cinco treitos, un o venres e catro, a doble pasada, o sábado seguindo o seguinte horario:


E xa vos presentamos aquí os treitos:


TC1-Gondomar-Accesos-6'10km.
Horario: 19:43 (Venres)



TC2/4-Mondariz-Accesos-11'80km.
Horario: 8:18/11:26



TC3/5-Sabaxáns-Accesos-11'90km.
Horario: 8:44/11:52



TC6/8-Salceda-Accesos-11'55km.
Horario: 17:31/20:49



TC7/9-Porriño/Gondomar-Accesos-10'65km.
Horario: 18:27/21:46



-Parques de Asistencia
-Parque Pechado
-Verificacións/Comunicado oficial

Si Radio:
  • Vigo-Nigrán 107.7
  • O Condado 97.7
  • On-Line

-O tempo-Vigo
-Onde comer-Vigo
-Aloxamento-Vigo
-Zonas de interese-Vigo

[ACTUALIZADO 00:45 9/5/2018]
Minuto 47:10, fala Iván Corral sobre o Rally Recalvi-Rías Baixas: http://www.crtvg.es/rg/a-carta/galicia-en-goles-23-00-galicia-en-goles-23-00-do-dia-08-05-2018-3759538

Publicacións populares